viernes, 18 de abril de 2008

Definición de xustiza de Constant, B.

Constant, B. intenta definir o concepto de liberdade dos dereitos da primeira xeración. Un home pode vivir en liberdade sen que se lle respecte ou salvagarda. Eses dereitos que veñen incluidos na primeira xeración.
Os antigos consideraban que a liberdade era compatible a sumisión dun rei. Esta consistía en exercer colectiva pero directamente moitas partes da soberanía enteira; en deliberar na praza pública sobre a guerra e a paz, etc. Nas cousas que nos parecen máis útiles, a autoridade do corpo social interpoñíase e mortificaba a vontade dos particulares. Aínda nas relacións domésticas máis ocultas tamén interveía a autoridade: un mozo lacedemonio non podía visitar libremente á súa nova esposa. Refírese á falta de liberdade individual. Hai ideas que postulan a subxección do individuo ó Estado. En teorías do nacionalismo ou do fascismo os dereitos individuais quedan subordinados ó interés do Estado. En resumo todos os totalitaristas.
O totalitarismo nacional subordina todo á patria respecto ós dereitos.
Entre os modernos ó contrario o individuo independente na súa vida privada non é soberán máis ca en apariencia aínda nos Estados máis libres: a súa soberanía está restrinxida e case sempre suspensa; e se nalgunhas épocas fixas, pero raras, chega a exercer esta soberanía, faino rodeado de mil trabas e precaucións, e nunca máis que para abdicar dela.
Neste párrafo critica que sin liberdade individual non hai xustiza e un doctrinario do liberalismo fundamentalmente do século XIX criticaba os sistemas absolutos de obediencia cara os soberanos ou un rei no século XXI, dun individuo ou cara un Estado, patria os dereitos estarían subestionados a un Estado.
Neste texto non aparecen os dereitos da segunda xeración que amanaban no movemento obreiro, nin os da terceira xeración que parte da revolución dos anos 60 e o máis importante é o da igualdade.
Voto particular
Teorías contemporáneas de xustiza de M.Walzer