viernes, 15 de febrero de 2008

Texto 4

¿Que defende o positivismo xurídico?
Cando asimilamos os dereitos humanos cos dereitos fundamentais, relativizamolos á fundación da sociedade, aínda cando se presupoña que deban existir en calqueira sociedade lexitimamente constituída.Por iso o valor destes dereitos sempre ten unha relación moi estreita ao poder que os fai cumprir e en realidade,según o pisitivismo xurídico, non se podería falar de dereitos anteriores ao propio estado.
¿Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais?
Tamén podemos entender que os dereitos humanos proveñen da natureza humana e que son anteriores a calquera forma de organizacion social. Desta maneira, podemoslle chamar dereitos naturais. Se o entendemos así necesitamos investigar a sua orixe e como se fundamentan. Nalgúns dos casos, esta orixe pretende basarse na vontade de Deus, debido a ceenza de que o ser humano debelle a Deus a súa existencia e todo o que con iso conleva.
¿Que problemas percibes para implantacion internacional dos dereitos humanos?
Pois esta implantacion leva a creación de institucións para salvagardar a súa defensa, como a ONU, que imporían o seu poder a calquera estado-nación. Se o entendemos así debemos matizar que este proceso está en construcción (posto que non todos os estados respectan estas normas) e que o poder das súas institucións é aínda limitado e só vinculante politicamene para a sociedade firmante. Aínda que a súa proxección de futuro é converterse en universal e obrigatorio.
Características dos dereitos humanos?
Son inalienables: non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución, pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen aínda que non sexan recoñecidos.
Son universais: posto que son válidos para calquera persoa, independentemente do lugar no que resida, posición social, relixión, raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva a súa existencia.
Son ideais: propóñense como orientación para a formulación dos distintos códigos legais nas distintas sociedades de xeito que quedan recollidos no dereito positivo.
¿Que quere decir Iusnaturalismo?
É unha posición ética na que se afirma que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.
Diferencias entre a fundamentacion ética,teóloxica,política,e historicista.
A fundamentación ética tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo de fundamentación basease na posición iusnaturalista.
Sen embargo a fundamentación teolóxica afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Tomás de Aquino na idade media, afirma que o ser humano coñece parte da orde natural a través da Revelación e da súa propia razón, e este coñecemento permítelle establecer os preceptos básicos que deben rexer a súa vida, por riba de calquera lei positiva. Pero esta fundamentación presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe.
A fundamentación historicista entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica. O seu principal defensor foi B. Groce. Este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.
Por outra banda a fundamentación política ven dividida en dúas teorias : por un lado as teorías do consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo democrático fundado na racionalidade do ser humano e, en moitos casos, usan fundamentación éticas para dar razón dese acordo.Por outro lado as teorías do disenso que tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente.

Estado de dereito e comunidade internacional


O Estado de dereito e os límites plantexa, leva a conclusión de que tales límites só pode fixalos unha instancia superior ó propio Estado. No Estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra os abusos do poder e, en ocasións o contrato social que garantirá esa protección non funciona debidamente.
Calquera Estado trata de lexitimar o seu poder, iso fai máis fácil que os seus cidadáns o acaten. Non todos os instintos de intimación son aceptables, como xa temos visto, pois algúns deles non se sosteñen en bases racionais, e si emocionais.
As sociedades democráticas toman como marco teórico para a súa fundamentación a teoria de que toda a sociedade se funda nun hipotético "contrato social"; idea característica da civilización moderna e contemporánea que se prolonga ata os nosos días.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Texto 2


Os dereitos tamén son obrigas porque por exemplo: se temos dereito a que nos respeten,a que non nos rouben, á privacidade...tamén temos a obriga de respetar aos demáis, non roubarlles ou non imbadir a súa privacidade, así con todos os dereitos.Hai códigos que intentan regular estes dereitos e estas obrigas, distinguimos entonces entre os códigos morais e xuridícos.En moitas os códigos son acusados de ilexítimos e son desobedecidos.

lunes, 11 de febrero de 2008

Contrato social de Hobbes


O contrato social permítelle a Hobbes fundamentar o poder soberano do Estado e a súa facultade de ditar leis. Con efecto a causa polo que os homes admiten restriccións a súa liberdade é procurar a súa propia conservación e, consecuentemente unha vida máis grata, pois as leis da natureza non son suficientes para garantir estes obxectivos por ser contrarias ás nosas paixóns naturais que nos inclinan a parcialidade, orgullo, vinganza,etc, se non hai un poder instituído ou ese poder non é suficientemente forte para garantir a nosa seguridade. Por tanto, ademais dun pacto necesítase un poder común que manteña atemorizados ós súbditos e que dirixen ás súas accións ó logro de ben común.

Para Hobbes o fin de Estado da natureza e con el as condicións para que poida asistir unha sociedade, surxe por un pacto ou contrato que establecen os individuos. Mediante este pacto ou contracto cesan as hostilidades delegando os dereitos dos individuos nunha persoa soberá. O contracto significa entonces unha renuncia por parte de cada individuo que permite o establecemento dun poder forte que esta por encima deles e no cal todo se recoñeza.

Escribeu o Leviatán, un manual sobre a natureza humana e como se organiza a sociedade.

viernes, 8 de febrero de 2008

Contrato social de Rousseau


A teoría de Rousseau ten moitos puntos en común coa tradición individualista de Locke inda que tamén se diferenza daquela en moitos aspectos. O postulado de Rousseau que da nome a esta teoría, emplea o linguaxe xurídico propio das relacións privadas entre os homes. Este pensador, a partir da súa observación da sociedade, constituída nese entonces por masas sometidas ó rei discurre a cerca do vínculo que existe entre o soberano e os súbditos. Descarta que o vínculo se encontra na forza ou a sumisión, senon que polo contrario, os homes voluntariamente renuncian a un estado de natural inocencia para someterse as regras da sociedade, a cambio de beneficios maiores e inerentes o intercambio social. Este consentimento voluntario materialízase a través dun contrato, "o contrato social" neste caso.
Para Rousseau o home primixenio (o que estaba no Estado de natureza) é un ser sen maldade, no que predominan dous sentimentos básicos: o amor de sí, é dicir o instinto de autoprotección, e a piedade (repugnancia polo sufrimento axeno), pero a medida que vai crecendo a poboación vaise xuntando grupos, esa unión crea falsas necesidades, para cubrilas o home inventa a agricultura e a gandería, pero canto máis ten o home máis desexa, e certas persoas acumulan riquezas, estos sufrindo polas súas vidas e polas súas riquezas e debido os receos creados promoven un pacto, este pacto será o primeiro código xurídico.

miércoles, 17 de octubre de 2007

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

ARTICULO 13


1. Non, eso depende de cada país. En España sí temos ese dereito, pois podemos estar ata a hora que queiramos na rúa ou elixir a nosa residencia, sempre que haxa unha boa condición económica. Pola contra noutros países hai toques de queda e no tema da residencia algúns teñen que residir no seu país pola existencia de murallas que lle impiden a esas persoas moverse dun lugar a outro.


2. Toda persoa con papeles pensamos que disfruta dese dereito pero, por exemplo, un ilegal non pode entrar en España se non os ten porque sería devolto o seu país de orixe.



ARTICULO 14


1. Non, como por exemplo se un español comete un delito en España ten o dereito de fuxir a outro país e disfrutar do asilo, en cambio en lugares como Marrocos se cometen un delito non disfrutan dese dereito.

2. Sí, pois o goberno che impón unha pena por cometer graves delitos non deben disfrutar de dereito a liberdade.


ARTICULO 15

1. Non se cumple, por exemplo os ilegais para conseguir a nacionalidade española precisan casarse cunha persoa de nacionalidade española para poder conseguir os papeis.

2. Hai países nos que se cumple e outros que non.


ARTICULO 16

1. Depende da cultura, pois nalgunhas obrigan ás rapazas a casarse e ter fillos, e incluso hai mulleres que se teñen algún fillo ou filla non deseado polo seu marido ou con algunha malformación, mátano.

2. Non, porque en moitos países obrigan a casarse o pai ou o propio futuro marido, sen o consentimento do cónxugue.


ARTICULO 17

1. En España si que se cumple, pero noutros países é relativamente difícil ter propiedades.

2. Aquel que a poseé non.


ARTICULO 18

1. Non temos liberdade de relixión, pois depende da historia e da cultura de cada país. En España si.
Voto particular
Teorías contemporáneas de xustiza de M.Walzer