martes, 11 de marzo de 2008

A EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA


Dende que existe o ser humano sobre a terra este realizou desprazamentos dun lugar a outro, xa sexa con carácter definitivo ou transitorio. Na Prehistoria, o ser humano movíase, sobre todo, segundo as necesidades alimentarias: caza, recollida de froitos, etc. Outras veces facíao presionado por grupos humanos máis fortes. A primeira das causas é marcadamente económica e a segunda de evidente matiz político, aínda que derivada da anterior.

Ó longo da historia da humanidade houbo múltiples causas " próximas " ( guerras, persecucións relixiosas ou políticas, fuxidas das levas militares, pestes, etc. ) que deron lugar ás migracións humanas, pero detrás de todas elas subxaceu sempre o factor económico. En consecuencia, podemos definir á emigración como o movemento de persoas que van dun lugar a outro co fin de mellorar as súas condicións de vida.

Dende o punto de vista humano, a emigración é un xeito máis de escravitude. O emigrante é escravo da súa propia miseria económica, que o bota polo mundo, e segue a súa escravitude polas condicións derivadas polas condicións derivadas da emigración ( viaxe, traballo, compromisos económicos que deixa na terra, etc. ) A emigración foi e é a negación do dereito máis sagrado que ten o ser humano : o dereito á vida na súa terra natal.

Á hora de falar da emigración, tal como entendemos hoxe en día, hai que sinalar un feito histórico moi significativo, xa que marcou o " punto de partida " da chamada emigración moderna, tal é o caso da Revolución Industrial, que provocou un cambio radical nos conceptos tradicionais da economía e un desenvolvemento espectacular do capital que modificaron as estructuras socio-económicas de Europa.

No caso que nos interesa, Galicia, como parte integrante do Estado español e por conseguinte de Europa, sufrirá as consecuencias que se deriven do comportamento da economía española e subsidiariamente da europea. En base a todo esto, podemos plantexarnos as seguintes preguntas: ¿ Cal é a situación económica de Galicia ? ¿ Como é a estructura social galega desta época ?. A resposta á primeira pregunta diranos que Galicia é un país eminentemente agrícola, cun sistema de cultivo arcaico, moi tradicional e supeditado á excesiva división da terra, circunstancias que dificultarán calquera tipo de modernización das técnicas e métodos de cultivo; a segunda, moi relacionada coa primeira, indícanos que a poboación galega é maioritariamente rural, polo tanto, moi dependente do sistema agrario.

Estas dúas constantes están fortemente condicionadas pola existencia dos foros que gravan a producción e son un lastre para a evolución agraria. A xente, aínda que vén traballando a terra dende hai varias xeracións, non é a propietaria real da mesma, soamente o é nunha reducida porcentaxe. Trátase, pois, dunha economía de mera subsistencia que non pode satisfacer as necesidades dunha poboación en aumento. Con este panorama, e a fin de ter unha sinxela aproximación ó tema, convén coñecer os seguintes aspectos: causas, características, fases e consecuencias que marcaron este feito histórico O desequilibrio entre o incremento da poboación e a falta de solucións económicas adecuadas para satisfacer as necesidades básicas impulsaron o fenómeno migratorio. Así temos que a terra mal repartida, a evidente falta de traballo ou empregos con garantía, o declive da pesca, o desinterese das clases posuidoras da terra por introducir novos sistemas de cultivo e a desastrosa política agraria dos gobernos da época encargaranse de "apadriñar" a emigración.
Galicia era por entón unha comunidade pobre que, aínda sendo pobre, había zonas do Estado máis pobres ca nós e, sen embargo, deron índices de emigración por debaixo dos galegos. os galegos emigraron forzados pola situación económica e por que non se conformaban con seguir sempre o mesmo; querían mellorar e sobráballes vontade para facelo.
Galicia é case sinónimo de emigración, porque de Galicia, por emigrar, emigraron: traballadores, intelectuais, enerxía eléctrica e capitais. O galego emigraba baixo dous signos: un, que o empurraba fóra da súa terra na procura de mellor situación económica e outro que o facía voltar. Así temos que, sendo o país que dá maior porcentaxe de emigración, tamén somos, curiosamente, o que maior índice de retornados temos por número de emigrantes.

No fenómeno migratorio pode establecerse unha correlación: pais e muller ficaban en Galicia, fillos e home na emigración. Esta constante quizais sexa o factor máis importante que favoreceu tan elevado número de retornados, amén do apego que os galegos temos á nosa terra. Emigraron maioritariamente homes, cun elevado índice de xuventude ( a taxa de masculinidade representou o 70% do total da emigración ). A muller galega incorpórase periodicamente á emigración, facéndoo dunha forma activa a partir da década dos 50. Os emigrantes dirixíanse fundamentalmente a América Latina, sendo Arxentina o país que máis xente recibiu ó longo da historia. Xeralmente concentrábanse nas grandes áreas urbanas: Bos Aires, Montevideo, S.Paulo, Río, Bahía, A Habana,... Adicábanse preferencialmente ó sector servicios, comercio e profesións liberais, recibindo o sector agrario unha porcentaxe moi baixa, salvo no caso de Brasil, onde as explotacións agrarias, forestais (caucho) e minerais ocuparon un considerable número de emigrantes.
A emigración a América, segundo o concepto moderno, iniciouse xa ven entrado o século XIX, a pesar de que ó longo dos séculos XVI, XVII e XVIII xa tiveran saído da Galicia continxentes máis ou menos importantes de xente con destino ás colonias da ultramar, aínda que neste período non recibían a denominación de emigrantes. Eran cargos da administración, integrantes dos exércitos, colonos, aventureiros, prófugos da xustiza, misioneiros, etc. O goberno español, que viña ignorando sistematicamente o problema da emigración e poñéndolle trabas legais, non ten máis remedio que recoñecela oficialmente en 1853, xa que se ve impotente para solucionar a precaria situación socioeconómica do Estado. Pasará, entón, de impedila a favorecela como vía de solución, dando lugar así ó inicio dunha emigración a regueiros cara as recén independizadas repúblicas latinoamericanas, aínda que será Cuba, que por aquelas datas é colonia española, quen reciba maior número de emigrantes durante o século XIX e primeiros anos do XX. Arxentina e Brasil seguiranlle, por esta orde, na recepción dos mesmos.
Posteriormente será Arxentina quen se coloque á cabeza como país receptor, posto que só cederá entre 1915 e 1920 a favor de Cuba e máis tarde, a partir de 1953, a favor de Venezuela, quen o manterá ata a finalización do proceso migratorio na década de 1970. Arxentina acadará esta supremacía en base a unha política tendente a poboar grandes territorios case desérticos, e para logralo emprendeu unha campaña divulgadora das " cualidades " do país, así como unha forte propaganda nos lugares de orixe dos emigrantes. Outros países americanos que tamén se significaron por ter recibido importantes continxentes de emigrantes son: Uruguai, Porto Rico, México, Estados Unidos e República Dominicana. Segundo o lugar de Galicia de onde proceden, os emigrantes dirixíanse maioritariamente a un determinado país e dentro deste a determinadas zonas ou cidades, influenciados pola presencia máis ou menos importante de veciños ou achegados anteriormente asentados alí. A modo de exemplo diremos que os veciños do concello de Pontevedra emigraron nun principio a Cuba e posteriormente a Arxentina e a Uruguai. Venezuela tamén tivo unha importante colonia.

Todo o anteriormente exposto lévanos a determinar qué consecuencias tivo para Galicia a emigración. Facer unha exposición pormenorizada sería tarefa moi difícil, pero si podemos realizar unha aproximación ós aspectos máis xerais facendo un resume polarizado en dous aspectos: a cara e a cruz.

A Cara
  1. Contribuiu dun xeito fundamental á redención dos foros.
  2. Melloráronse as economías de moitas familias, pois entraron importantes remesas de cartos que favoreceron a adquisición de terreos e a implantación de negocios.
  3. Fixo posible o cambio e a introducción de novas formas de cultivo.
  4. Melloráronse as infraestructuras viarias de Galica, sobre todo as portuarias, sendo os portos da Coruña e Vigo os máis beneficiados.
  5. Favoreceu o crecemento da banca coa instalación de corresponsalías en moitas vilas.
  6. Foi factor determinante no movemento agrarista galego. Moitos dos seus líderes estiveron na emigración ou as súas campañas eran sustentadas con fondos aportados polos emigrantes.
  7. No seo das sociedades galegas en América mantívose viva a chama do galeguismo, cando aquí non era posible a súa manifestación pública.
  8. Impulsaron a cultura e o ensino en Galicia coa construcción de escolas, creación de asociacións culturais, publicación de periódicos,etc.
  9. Favoreceu, en xeral, un cambio de mentalidade na xente.

A cruz

  1. Propiciou a perda das persoas máis cualificadas para o traballo.
  2. Deu lugar a un descenso da poboación, non só polos que marcharon, senón polos fillos que deixaron de nacer.
  3. Socialmente foi unha lacra que deu lugar á separación de pais e fillos, matrimonios, etc. Así, escoitáronse frases como "fillos sen pai", "terra sen homes" ou "viúvas de vivos".

A xeito de resume final pódese dicir que a emigración só fixo ricos a uns poucos. A grande maioría conformouse con "facer uns cartiños" que lle serviron para solucionar os problemas primordiais e un número considerable nunca voltou e, se o fixo, foi fracasado.

Sen embargo é de salientar que os galegos, ó longo da súa estadía na diáspora, mantiveron viva a lembranza da súa terra, a súa cultura e as súas tradicións, así como a arela do regreso. Fe disto dánolo a enorme cantidade de centros, asociacións, fundacións,etc. que os nosos paisanos fundaron ó longo da xeografía americana. Só na cidade de Bos Aires, onde residían máis de 600.000 galegos aló polo 1930 había arredor de trescentos centros ou sociedades galegas. As mostras máis xenuinas deles foron os prestixiosos Centros Galegos de A Habana e de Bos aires, fundados ámbolos dous no século XIX.

viernes, 29 de febrero de 2008

COMENTARIO DE PROCESOS XURÍDICOS


Cuestións previas
¿Qué tipo de danos se provocan?
Por un lado, o golpe de María no coche de Xoan xa que ten que frenar brutalmente xa que Xoán non advirte o cambio de sinal no semáfaro. A consecuencia disto María impacta contra a lúa dianteira e a súa nai o ver a ela ensangrentada sofre un paro cardíaco, xa que ten problemas cardíacos.
Por outro lado, Xoan socórreas e chama ao servicio de urxencias. A tardanza da ambulancia supuxo un agravamento da saúde da nai de María e á filla róubanlle a carteira.

¿A quén ou a quenes se lle poden imputar as consecuencias do suceso?
Segundo o código de circulación a culpa imputaríaselle a María porque non garda as distancias legais e non lle da tempo a frenar polo que golpea a Xoán.
Moralmente a culpa sería da modelo senón hai un paso de peatóns por cruzar por un sitio non permitido e poder causar danos a humanidade. Se houbera un paso de peatóns a culpa sería de Xoan e frenar brutalmente por ir despistado ou a unha gran velocidade.

¿Qué tipo de castigo debería establecerse?
Se a culpable é a modelo debería pagar os danos causados no accidente e indenizárlle a xustiza por non cruzar por un lugar adecuado.
Se a culpa é de Xoán ten que lle pagar os danos causados no coche de María por ser él o causante do accidente.
María tamén tería parte de culpa por non gardar as distancias e tería que cumplir a mesma sentencia que Xoan.
A ambulancia debería pagar unha multa pola tardanza e os danos que se provocaron na saúde da nai de María a consecuencia do tempo que tiveron que agardar por ela.
Comprensión 1
¿Cándo se considera que un acto é ilícito?
Un acto ilícito é aquela conducta que viola o disposto nun ordenamento xurídico.
Un exemplo de acto ilícito é o acto ilícito de orden tóxico. É unha lesión ó corpo ou a situación económica dunha persoa como consecuencia dunha sustancia tóxica debido a nelixencia doutra persoa.
¿Cal é a característica esencial do delito?
O delito é definido como unha conducta típica (tipificada pola ley), antíxurídica(contraria o Dereito) e culpable. Supón unha conducta infracional do Dereito penal, e decir, unha acción ou omisión tipificada e penada pola ley.
Exemplo de acto ilícito que sexa delito e outro que non sexa:
Insultar a alguén sería un acto ilícito pero non sería delito.
Un secuestro sería un acto ilícito e tería un delito. Outros actos ilícitos que terían delito serían: pornografía e prostitución infantil, falsificación de monedas, hurto....
Comprensión 2
¿ En que casos da columna esquerda dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción?
O segundo parágrafo, o terceiro tamén posto que a responsabilidade sería do profesor xa que non explicou correctamente a materia e o sexto.
¿ De que tipo sería esa responsabilidade?
Trátase de dous tipos de responsabilidade neste caso. No segundo sería responsabilidade subxectiva posto que o neno se fai responsable do libro. No terceiro sería obxectiva no caso de que o profesor o fixera sen darse de conta. O sexto sería penal porque está cometendo unha infracción e atentando contra a vida dos demáis.
Comprensión 3
¿ Como da comezo un proceso xudicial?
Comeza con unha denuncia por parte dun individuo debido un acto que acaba de ocorrer e co obxectivo de encontrar o culpable e unha solución o problema.

¿Pode haber un proceso sen acusado? ¿De que tipo?
Sí pois por exemplo un secuestro ou un roubo sen culpables aparentes.

¿Cal é a función dun fiscal?
Considerando que os fiscales desempeñan un papel fundamental na administración de xustiza, e que as normas que rixen o desempeño das súas importantes funcións, deben fomentar o respecto e o cumprimento dos principios mencionados e contribuir desa maneira a un sistema penal xusto e equitativo e a protección eficaz dos cidadáns.

¿En calquera caso está presente o fiscal?
Si xa que é o que administra a xustiza e rixe o desempeño das súas importantes fucións.

¿Cal é a función do avogado defensor?
Protexer ó acusado os dereitos constitucionales a un Debido Proceso Art. 49 CRBV. Debe atender la imputación o acusación, con esto é, os tipos penales atribuídos os seus defendidos para verificar que en verdade encaixan na conducta realizada, verificar a competencia do tribunal e pedir as atenuantes se as houbera. Sobre todo debe ser sincero co seu defendido e facer todo para a mellor defensa coa maior delixencia sen chegar con mentiras ó tribunal.

¿Sempre ten que haber un avogado defensor?
Si porque un acusado ten que ter un avogado que o defenda das acusacións.

¿Pode mentir unha testemuña?
Poder pode pero unha testemuña debería ser sincera.

¿E o acusado?
Tamén.

¿Pode a defensa ocultar probas?
Se lle resulta favorable a él si pero non debería.

¿E o fiscal?
Se o chantaxean e lle a favorable e non é sincero sí que pode ocultar probas.
¿Que tribunal xulgaría cada un dos delitos seguintes?
A vulneración dos acordos dun contrato:tribunal constitucional.
A queixa dun cidadán por un imposto excesivo:xulgado de primeira estancia e interior.
Un delito de roubo:tribunal superior de xustiza.
Un accidente de coche só con danos materiais e sen víctimas:a Audiencia Provincial.
Comprensión 4
Xuíz e xurado:
As persoas que deben formar parte dun xurado deben ser persoas que non teñas ningunha rama de relación co acusado, que non se deixen levar polos sentimentos, que non sexan racistas,etc.Ademais un xurado debe ser imparcial, impartir o veredicto adecuado sexa do tipo que sexa.A presenza dun xurado con xuízos é necesaria en asasinatos, roubos e delitos considerados dende o punto de vista xudicial como "graves".

martes, 19 de febrero de 2008

Entidades supraestatais

As entidades supraestatais son:



ONU, Unidade Africana, Unión Europea, OTAN, SEATO, Mercosur, Liga árabe ,...
Evitar agresións unilaterais ou impedir que os conflitos desencadeasen
enfrontamentos bélicos propiciou que, para regular as
relacións de poder entre os diferentes Estados, se teñan deseñado
métodos de actuación baseados na centralización das medidas
de seguranza en instancias supraestatais. A posta en práctica do
que se deu en chamar “seguridade colectiva” tivo diferentes formulacións
institucionais, sendo as máis significativas a Sociedade
de Nacións e a ONU. Ocorre que ambas as dúas, desde o inicio
das súas actuacións, evidenciaron e evidencian graves limitacións
para manteren a paz e a seguridade internacional.
A Sociedade de Nacións, escenario da dialéctica entre o mantemento
do status quo xurdido da paz de Versailles e a imposición
dos acordos aos vencidos, aqueixada dunha forte parálise, ademais
de perpetuar o colonialismo, ao consolidar os “mandatos”
imperialistas, que limitaban o exercicio da soberanía por parte
dos pobos que liberaran dos imperios derrotados, converteuse en
testemuña do desmantelamento daquela orde mundial xurdida
no remate da Iª Guerra Mundial; amosouse inoperante na Guerra
Civil española; e non defrontou as agresións imperialistas das
potencias fascistas, previas á II Guerra Mundial.
De igual xeito, a ONU, institución creada para manter o equilibrio
e a interlocución indispensábel entre os bloques, na etapa
da “Guerra Fría”, so os principios de defensa da paz, da xustiza,
da autodeterminación, e de rexeitamento das guerras coloniais e
das relacións económicas internacionais baseadas na pillaxe,
afastouse moito dos seus principios fundacionais.
Con certeza, superada a dinámica de bloques pola desorganización
e quebra do bloque do Leste, despois da desaparición da
Unión Soviética en decembro de 1991, G. Bush proclamou a
“nova orde mundial” cos EUA como hiperpotencia, asignándose
á ONU o novo papel de representar a “comunidade internacional”
nun mundo unificado. Porén, en todas as cimeiras sobre os
grandes temas internacionais íase pondo de manifesto
Evitar agresións unilaterais ou impedir que os conflitos desencadeasen
enfrontamentos bélicos propiciou que, para regular as
relacións de poder entre os diferentes Estados, se teñan deseñado
métodos de actuación baseados na centralización das medidas
de seguranza en instancias supraestatais. A posta en práctica do
que se deu en chamar “seguridade colectiva” tivo diferentes formulacións
institucionais, sendo as máis significativas a Sociedade
de Nacións e a ONU. Ocorre que ambas as dúas, desde o inicio
das súas actuacións, evidenciaron e evidencian graves limitacións
para manteren a paz e a seguridade internacional.
A Sociedade de Nacións, escenario da dialéctica entre o mantemento
do status quo xurdido da paz de Versailles e a imposición
dos acordos aos vencidos, aqueixada dunha forte parálise, ademais
de perpetuar o colonialismo, ao consolidar os “mandatos”
imperialistas, que limitaban o exercicio da soberanía por parte
dos pobos que liberaran dos imperios derrotados, converteuse en
testemuña do desmantelamento daquela orde mundial xurdida
no remate da Iª Guerra Mundial; amosouse inoperante na Guerra
Civil española; e non defrontou as agresións imperialistas das
potencias fascistas, previas á II Guerra Mundial.
De igual xeito, a ONU, institución creada para manter o equilibrio
e a interlocución indispensábel entre os bloques, na etapa
da “Guerra Fría”, so os principios de defensa da paz, da xustiza,
da autodeterminación, e de rexeitamento das guerras coloniais e
das relacións económicas internacionais baseadas na pillaxe,
afastouse moito dos seus principios fundacionais.
Con certeza, superada a dinámica de bloques pola desorganización
e quebra do bloque do Leste, despois da desaparición da
Unión Soviética en decembro de 1991, G. Bush proclamou a
“nova orde mundial” cos EUA como hiperpotencia, asignándose
á ONU o novo papel de representar a “comunidade internacional”
nun mundo unificado. Porén, en todas as cimeiras sobre os
grandes temas internacionais íase pondo de manifesto a escasa
autoridade política das Nacións Unidas a respecto dos obxectivos
e das estratexias do proceso de mundialización en marcha.
E o Consello de Seguridade, responsábel da seguridade colectiva,
cunha estrutura xa unipolar, non foi quen de resolver en
Somalia, non actuou axeitadamente en Ruanda e, sen o seu permiso,
os EUA, servíndose da OTAN, fixeron uso da forza en Serbia
e no Kosovo. Iniciábase o período do unilateralismo fronte o
sistema multilateral da seguranza colectiva.
Neste tempo, os EUA, para dar lexitimidade e apoio á súa dominación
imperialista, prestouse a unha máis activa manipulación e
a un maior control da institución. A utilización e o suborno de
reximes clientelares, a medio da súa influencia militar, ou de promesas
de empréstitos ou acordos comerciais serán reiteradas no
proceso de conquista de poder dentro da ONU. Un indicador
deste proceso é o relevo do ex-Secretario Xeral Boutros Ghali.
Ghali, de perfil francófilo e africanista, cunha posición bastante
autónoma e crítica coa política exterior estadounidense, especialmente
en Bosnia, e coa política israelí (asasinato de palestinos no
campo de refuxiados da ONU, en Kanaa, no sur do Líbano), foi
vetado polos EUA no Consello de Seguridade para un segundo
mandato por non colaborar coa súa práctica hexemonista. Foi
substituído polo dócil servidor Kofi Annan, o máis subordinado
aos Estados Unidos de América de todos os Secretarios Xerais da
ONU, hoxe mesmo cuestionado por non se pregar aos designios
de USA na lexitimación da guerra do Iraq.
Por outra parte, os EUA, no desenvolvemento das súas intervencións
imperialistas, baixo as formulacións de “guerras éticas”,
“inxerencia humanitaria” e, máis na actualidade, “guerra
preventiva”, non admitirán condicionamento ningún por parte
da Organización das Nacións Unidas. Tal como se aseveraba
desde a administración Clinton a respecto de Xugoslavia: “coa
ONU, se for posíbel; sen ela, se for necesario”. Non en van, chegado
o momento a ONU sería relevada sen reparos por unha
organización militar como a OTAN. Daquela, a función de procurar
acordos políticos para os conflitos internacionais no marco
das Nacións Unidas a cada paso fíxose máis dificultoso. Así os
acordos de Dayton sobre Bosnia, asináronse baixo a éxida dos
EUA, ou o acordo palestino-israelí. A ONU supeditouse unilateralmente
aos Estados Unidos de América.
Con todo, o unilateralismo nas relacións internacionais agravouse
nos últimos tempos, facendo moi difícil de compatibilizar a estrutura
unipolar do poder co sistema das Nacións Unidas. A guerra
decretada por G. W. Bush ao chamado “terrorrismo internacional”,
e abenzoada pola ONU, propiciou que a agresiva política exterior
dos EUA fique á marxe de calquera regulación internacional. Os
procedementos legalistas das Nacións Unidas están a ser violados
constantemente. A invasión do Iraq é mostra desta actitude.
O da ONU, marco sistematicamente invocado para resolver a desorde,
é irrelevante nos conflitos importantes, e non son poucos os
movementos sociais e os países do Terceiro Mundo que procuran
novas organizacións e foros internacionais na procura dos principios
que a Organización das Nacións Unidas ten traizoado. Afganistán,
Palestina, e, sobre todo, Iraq son probas da necesidade de
cambio na ONU para non caer na antedita irrelevancia.
A UPG forma parte do movemento internacional que condena os
Estados que desprezan a lei, e avoga pola acción dunha Organización
Internacional de Nacións vigorizada en base ao multilateralismo
respectuoso coa soberanía das nacións, que sexa quen de xestionar os
focos de tensión e inseguranza e restabelecer a paz e a primacía da
lei. Unha Organización Internacional de Nacións que condene as
agresións imperialistas so calquera formulación. Unha Organización
Internacional de Nacións que renuncie ao carácter elitista da actual
ONU e sexa resultado da reformulación da súa estrutura e vida
interna na perspectiva democrática. Afrontando, sobre todo, a remodelación
do Consello de Seguridade, propio dunha realidade mundial
bipolar e hoxe pouco representativo e de lexitimidade insuficiente,
abolindo, entre outros aspectos, o dereito de veto atribuído aos países
triunfadores na IIª Guerra Mundial, que as máis das veces conduce á
inactividade -por omisión-, ante gravísimos problemas.



lunes, 18 de febrero de 2008

Separación de poderes


É o principio político según o cal as funcións lexislativas, xudicial e executiva do Estado deben estar separadas, como poderes independientes, para que poida establecerse un sistema de controles e equilibrios que limita as facultades de goberno e protexe os dereitos individuales.

O poder lexislativo delibera e decide o contido das leis xerais: esta tarea é necesariamente máis lenta que outras porque as leis deben estar coidadosamente feitas para que sexan recoñecidas como lexítimas pola maior parte da poboación e dos grupos de interés do país. O poder xudicial aplica as leis xerais ós casos particulares e o poder executivo, aparte de facer efectivas as decisións dos outros dous poderes, manexa a administración xeral do país e atende o seu ben estar xeral.

viernes, 15 de febrero de 2008

Texto 4

¿Que defende o positivismo xurídico?
Cando asimilamos os dereitos humanos cos dereitos fundamentais, relativizamolos á fundación da sociedade, aínda cando se presupoña que deban existir en calqueira sociedade lexitimamente constituída.Por iso o valor destes dereitos sempre ten unha relación moi estreita ao poder que os fai cumprir e en realidade,según o pisitivismo xurídico, non se podería falar de dereitos anteriores ao propio estado.
¿Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais?
Tamén podemos entender que os dereitos humanos proveñen da natureza humana e que son anteriores a calquera forma de organizacion social. Desta maneira, podemoslle chamar dereitos naturais. Se o entendemos así necesitamos investigar a sua orixe e como se fundamentan. Nalgúns dos casos, esta orixe pretende basarse na vontade de Deus, debido a ceenza de que o ser humano debelle a Deus a súa existencia e todo o que con iso conleva.
¿Que problemas percibes para implantacion internacional dos dereitos humanos?
Pois esta implantacion leva a creación de institucións para salvagardar a súa defensa, como a ONU, que imporían o seu poder a calquera estado-nación. Se o entendemos así debemos matizar que este proceso está en construcción (posto que non todos os estados respectan estas normas) e que o poder das súas institucións é aínda limitado e só vinculante politicamene para a sociedade firmante. Aínda que a súa proxección de futuro é converterse en universal e obrigatorio.
Características dos dereitos humanos?
Son inalienables: non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución, pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen aínda que non sexan recoñecidos.
Son universais: posto que son válidos para calquera persoa, independentemente do lugar no que resida, posición social, relixión, raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva a súa existencia.
Son ideais: propóñense como orientación para a formulación dos distintos códigos legais nas distintas sociedades de xeito que quedan recollidos no dereito positivo.
¿Que quere decir Iusnaturalismo?
É unha posición ética na que se afirma que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.
Diferencias entre a fundamentacion ética,teóloxica,política,e historicista.
A fundamentación ética tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo de fundamentación basease na posición iusnaturalista.
Sen embargo a fundamentación teolóxica afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Tomás de Aquino na idade media, afirma que o ser humano coñece parte da orde natural a través da Revelación e da súa propia razón, e este coñecemento permítelle establecer os preceptos básicos que deben rexer a súa vida, por riba de calquera lei positiva. Pero esta fundamentación presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe.
A fundamentación historicista entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica. O seu principal defensor foi B. Groce. Este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.
Por outra banda a fundamentación política ven dividida en dúas teorias : por un lado as teorías do consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo democrático fundado na racionalidade do ser humano e, en moitos casos, usan fundamentación éticas para dar razón dese acordo.Por outro lado as teorías do disenso que tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente.

Estado de dereito e comunidade internacional


O Estado de dereito e os límites plantexa, leva a conclusión de que tales límites só pode fixalos unha instancia superior ó propio Estado. No Estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra os abusos do poder e, en ocasións o contrato social que garantirá esa protección non funciona debidamente.
Calquera Estado trata de lexitimar o seu poder, iso fai máis fácil que os seus cidadáns o acaten. Non todos os instintos de intimación son aceptables, como xa temos visto, pois algúns deles non se sosteñen en bases racionais, e si emocionais.
As sociedades democráticas toman como marco teórico para a súa fundamentación a teoria de que toda a sociedade se funda nun hipotético "contrato social"; idea característica da civilización moderna e contemporánea que se prolonga ata os nosos días.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Texto 2


Os dereitos tamén son obrigas porque por exemplo: se temos dereito a que nos respeten,a que non nos rouben, á privacidade...tamén temos a obriga de respetar aos demáis, non roubarlles ou non imbadir a súa privacidade, así con todos os dereitos.Hai códigos que intentan regular estes dereitos e estas obrigas, distinguimos entonces entre os códigos morais e xuridícos.En moitas os códigos son acusados de ilexítimos e son desobedecidos.

lunes, 11 de febrero de 2008

Contrato social de Hobbes


O contrato social permítelle a Hobbes fundamentar o poder soberano do Estado e a súa facultade de ditar leis. Con efecto a causa polo que os homes admiten restriccións a súa liberdade é procurar a súa propia conservación e, consecuentemente unha vida máis grata, pois as leis da natureza non son suficientes para garantir estes obxectivos por ser contrarias ás nosas paixóns naturais que nos inclinan a parcialidade, orgullo, vinganza,etc, se non hai un poder instituído ou ese poder non é suficientemente forte para garantir a nosa seguridade. Por tanto, ademais dun pacto necesítase un poder común que manteña atemorizados ós súbditos e que dirixen ás súas accións ó logro de ben común.

Para Hobbes o fin de Estado da natureza e con el as condicións para que poida asistir unha sociedade, surxe por un pacto ou contrato que establecen os individuos. Mediante este pacto ou contracto cesan as hostilidades delegando os dereitos dos individuos nunha persoa soberá. O contracto significa entonces unha renuncia por parte de cada individuo que permite o establecemento dun poder forte que esta por encima deles e no cal todo se recoñeza.

Escribeu o Leviatán, un manual sobre a natureza humana e como se organiza a sociedade.

viernes, 8 de febrero de 2008

Contrato social de Rousseau


A teoría de Rousseau ten moitos puntos en común coa tradición individualista de Locke inda que tamén se diferenza daquela en moitos aspectos. O postulado de Rousseau que da nome a esta teoría, emplea o linguaxe xurídico propio das relacións privadas entre os homes. Este pensador, a partir da súa observación da sociedade, constituída nese entonces por masas sometidas ó rei discurre a cerca do vínculo que existe entre o soberano e os súbditos. Descarta que o vínculo se encontra na forza ou a sumisión, senon que polo contrario, os homes voluntariamente renuncian a un estado de natural inocencia para someterse as regras da sociedade, a cambio de beneficios maiores e inerentes o intercambio social. Este consentimento voluntario materialízase a través dun contrato, "o contrato social" neste caso.
Para Rousseau o home primixenio (o que estaba no Estado de natureza) é un ser sen maldade, no que predominan dous sentimentos básicos: o amor de sí, é dicir o instinto de autoprotección, e a piedade (repugnancia polo sufrimento axeno), pero a medida que vai crecendo a poboación vaise xuntando grupos, esa unión crea falsas necesidades, para cubrilas o home inventa a agricultura e a gandería, pero canto máis ten o home máis desexa, e certas persoas acumulan riquezas, estos sufrindo polas súas vidas e polas súas riquezas e debido os receos creados promoven un pacto, este pacto será o primeiro código xurídico.
Voto particular
Teorías contemporáneas de xustiza de M.Walzer